POLÍTICA DE PRIVACIDADE

Infórmaselle que os datos persoais que nos facilite voluntariamente, a través dos distintos formularios da web, serán tratados por EN MAREA con domicilio en HORTA DE ABAIXO 5 B -4A 15220 - BERTAMIRANS (A Coruña), que cumpre coas medidas de seguridade esixidas na lexislación vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal. A finalidade do devandito tratamento é a descrita en cada un dos formularios establecidos na páxina web no que Vostede nos facilitou os seus datos.

Os datos facilitados non serán cedidos a terceiros salvo nos casos en que exista unha obrigación legal, e conservaranse durante o tempo necesario para atender a súa solicitude a condición de que non nos indique o contrario exercendo o seu dereito de cancelación, ou durante o tempo necesario para cumprir coas obrigacións legais.

EN MAREA non elaborará ningún tipo de “perfil”, en base á información facilitada. Non se tomarán decisións automatizadas en base a perfís.

Así mesmo, EN MAREA cancelará ou rectificará os datos cando resulten inexactos, incompletos ou deixasen de ser necesarios para a súa finalidade, de conformidade co previsto na lexislación vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal.

Mentres non nos comunique o contrario, entenderemos que os seus datos non foron modificados, que vostede se compromete a notificarnos calquera variación e que temos o consentimento para utilizalos a fin de poder fidelizar a relación entre as partes.

O usuario poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación, supresión, oposición, limitación do tratamento, portabilidade de datos e a non ser obxecto de decisións individualizadas, automatizadas, en relación cos datos obxecto do tratamento, ante o responsable do tratamento na dirección anteriormente mencionada, ou por correo electrónico a lopd@enmarea.gal, ou directamente ante o Delegado de Protección de Datos: dpd@enmarea.gal. No caso de que non obtivese satisfacción no exercicio dos seus dereitos, poderá presentar unha reclamación ante a Autoridade de Control en materia Protección de Datos competente.